Thursday 16 de May de 2024

XIX Xuntanza de Bandas de Música e encontro folclórico, esta fin de semana en Ordes


Terán lugar o sábado e o domingo, respectivamente, ás 20 horas na alameda

A música e o folclore serán os pratos fortes desta fin de semana, no que se refire á programación cultural organizada polo Concello baixo o selo Unha viaxe pola cultura.

Ás 20 horas de mañá sábado dará comezo a XIX Xuntanza de Bandas de Música de Ordes. Como de costume todas as formacións realizarán un pasacalles ata chegar á alameda, onde darán o seu recital. Nesta ocasión, ademais da formación local, tamén actuará a Banda de Música Santiago de Arteixo.

O domingo á mesma hora e no mesmo lugar celebrarase Xuntanza folclórica. A música e o baile galego virán da man das asociacións Camiño Real de Poulo, Veciños de Leira e Sementes da Arte. O cartel tamén inclúe a actucación do grupo de pandeireteiras Somos Nós.